martes, 19 de noviembre de 2013

1º TRIMESTRE

DOMINGO VILLAR. OLLOS DE AUGA


A nosa primeira lectura será a interesante novela policíaca escrita por Domingo Villar "Ollos de Auga"

(Pincha na imaxe da portada e poderás ver información sobre o libro e mesmo ler parte del. A información provén da páxina Web da Editorial Galaxia, quen publicou o libro)

 
Na obra de Domingo Villar conviven certa melancolía coa ledicia da música e o viño branco. Unha historia de misterio zarrapicada de ironía, unha intriga retranqueira, unha novela negra en cores.
 
(Escoita unha das canciones das que se fai mención na novela: The man in Love interpretada por
Billie Holiday )
 

 
O AUTOR 
 
Escritor e periodista galego, natural de Vigo, Domingo Villar é coñecido polo seu traballo como guionista de cine e televisión, ademáis de pola súa labor realizando crítica gastronómica na radio. Na actualidade ademáis de su traballo como escritor colabora con varias publicacións.

Coa súa primeira novela, Ollos de Auga, logrou un grande éxito, tanto nacional como internacional, sendo gañador de premios como o Sintagma, o Premio Brigada 21 e o Premio Frei Martín Sarmiento.





lunes, 18 de noviembre de 2013

BENVID@S AOS NOSOS CLUBES "VAL DOS LIBROS"

     Despois da promoción do club de lectura, alumnos e alumnas comezaron a apuntarse e foi tal o éxito que  decidimos crear dos clubes de lectura: un dos alumnos e alumnas que cursan 4º de E.S.O e outro cos alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato.

     O pasado día 5 de novembro tivemos no recreo a presentación dos clubes de lectura que, aínda que en sesión diferentes van ler o mesmo título :

 Ollos de Auga de Domingo Villar.
 
 
DE SEGUIDO PODEDES VER A SESIÓN DE PRESENTACIÓN
 
 


jueves, 31 de octubre de 2013

ESTE CURSO... CLUB DE LECTURA

Xa comenzou o novo curso e con el unha novidade: decidimos que xa era hora de promocionar, se cabe mais, a lectura e organizar un club de lectura. Dende a biblioteca estivemos argallando todo e despois fixemos a publicidade.... Finalmente os alumnos e alumnas responderon a convocatoria.
 

                       ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES DA ESCOLMA  QUE FIXEMOS


                                             BO CURSO E BOAS LECTURAS