martes, 19 de noviembre de 2013

1º TRIMESTRE

DOMINGO VILLAR. OLLOS DE AUGA


A nosa primeira lectura será a interesante novela policíaca escrita por Domingo Villar "Ollos de Auga"

(Pincha na imaxe da portada e poderás ver información sobre o libro e mesmo ler parte del. A información provén da páxina Web da Editorial Galaxia, quen publicou o libro)

 
Na obra de Domingo Villar conviven certa melancolía coa ledicia da música e o viño branco. Unha historia de misterio zarrapicada de ironía, unha intriga retranqueira, unha novela negra en cores.
 
(Escoita unha das canciones das que se fai mención na novela: The man in Love interpretada por
Billie Holiday )
 

 
O AUTOR 
 
Escritor e periodista galego, natural de Vigo, Domingo Villar é coñecido polo seu traballo como guionista de cine e televisión, ademáis de pola súa labor realizando crítica gastronómica na radio. Na actualidade ademáis de su traballo como escritor colabora con varias publicacións.

Coa súa primeira novela, Ollos de Auga, logrou un grande éxito, tanto nacional como internacional, sendo gañador de premios como o Sintagma, o Premio Brigada 21 e o Premio Frei Martín Sarmiento.





1 comentario:

Unknown dijo...

O libro pareceume moi entretido,e gustoume o feito de que se manteña a intriga até o final. Porén, non me gusta que os asasinatos sexan tan macabros, nin que o autor describa con todo detalle as marcas no corpo das vítimas. Pero en xeral, foi un libro doado de ler e que engancha. Recoméndoo
Ronsel Fernández 1ºBach