miércoles, 26 de marzo de 2014

O QUE NOS PARECEU...."OLLOS DE AUGA"

9 comentarios:

Unknown dijo...

O libro pareceume moi entretido e mantívome en suspense ata o final

Pepi Piñeiro dijo...

Ola son Pepi, a profe de Francés do Insti e quería como non deixar a miña opinión sobre o libro.
Penso que tildalo de libro policiaco non sería de todo verdadeiro ao meu modo de ver. Si é certo que hai intriga, heróe, asasino, pistas ou solución do misterio, pero penso que no conxunto da obra pesan máis as intrigas secundarias ou os percorridos das personaxes princiapais, refírome a Caldas e a Estévez, do que a intriga en si.
Hai moitos elementos que se misturan na novela que creo que moitas veces pasan desapercibidos ou polo menos case non vislumbran: o feito de que a música está presente en case todos os momentos claves na novela, ou o tratamento da soidade xa desde o comezo e que remata coa soidade de Leo no Grial, aínda que está rodeado de xente, etc.
Dito isto teño que recoñecer que é un libro que engancha, aínda que creo que é un libro de iniciación e que o verdadeiro Leo Caldas terá a súa forza no seguinte libro

María 4ºA dijo...

Eu quería dar a miña opinión sobre "A praia dos afogados", que aínda non rematei.
A historia está moi ben, pero estame a costar moito máis leer este libro. Creo que é porque o autor enrédase moito nas descripcións.
De todas maneiras é moi interesante.

Alba 4ºA dijo...

Ola,son Alba de 4ºA. A miña opinión sobre o libro é positiva, gustoume moito. Sobre todo as descripción e os pequenos detalles como por exemplo o significado do can na historia eses detalles que buscan darlle interese á historia principal.

Ana 4ºA dijo...

O libro de Ollos de auga parecume interesante xa que a trama que ten é realmente entretida e non aburre o máis mínimo.

Carla 4ºB dijo...

A novela "Ollos de auga" pareceume moi interesante e resultoume moi fácil de ler, xa que contén un fío de misterio durante toda a acción.

Carlota 4ºB dijo...

A miña opinion sobre "Ollos de auga" é positiva, pois a pesar de que os libros de misterion non me soen gustar este conseguiu engarcharme coa sua trama.

Patricia 4ºB dijo...

O libro de "Ollos de auga" é un libro que me gustou bastante, xa que a min gústanme moito os libros de misterio.

Fátima 4ºA dijo...

A miña crítica sobre "Ollos de auga" é que a trama non me gustou moito xa que non son moi fan dos libros deste tipo, pero a forma que ten o escritor de ir contando a historia pareceume que estaba moi ben lograda.